Muros

O municipio de Muros ocupa a beira norte da ría de Muros e Noia, con vinte cinco quilómetros de costa, ao longo dos que se distribúen máis de vinte praias de areas finas e augas transparentes e cinco peiraos, aínda que é o da vila de Muros o que conta con maior repercusión no mundo da pesca en Galicia. Todo isto confire a Muros coma unha localidade eminentemente mariñeira e turística; o seu enclave privilexiado e a riqueza histórica da vila convértena nun dos municipios galegos con maiores potencialidades de explotación turística. A unidade natural máis importante é a propia ría, amplo espazo caracterizado pola interpenetración de terra e mar, onde contrasta a parte norte, máis quebrada, e a meridional máis aberta e de formas máis suavizadas. Desde sempre esta poboación estivo dedicada ao mundo do mar, sendo a principal actividade comercial desde mediados do século pasado, e o porto máis importante da ría de Muros.

Vila de Muros - soportais na Pista

No referente ao turismo, Muros é unha vila señorial que enfeitiza a todo aquel que a visita, pois o seu fermoso e coidado casco histórico e o pintoresco das súas parroquias embargan ao paseante, tanto pola súa estrutura como polas interesantes construcións artísticas e populares que adornan as nosas rúas e prazas dunha forma harmónica. A proba da súa reputación como unha das vilas máis fermosas de Galicia está en que foi declarada Conxunto histórico – artístico no Decreto do 29 de maio de 1970, onde é definida como: «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ao lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virxe do Camiño». Esta designación está avalada pola súa orixinal estrutura urbana, chea de rúas estreitas e serpenteantes, nas que destacan os seus acolledores soportais; e pola gran cantidade de monumentos de interese arquitectónico e arqueolóxico que posúe esta localidade mariñeira. Unha das maiores riquezas de Muros confórmaa o seu rico patrimonio natural, que se caracteriza pola súa calidade ambiental. O feito de formar parte dunha zona de ría fai que este territorio se converta nunha das partes máis fermosas do litoral galego. O tramo de costa, que neste municipio alcanza uns 25 quilómetros de extensión, combínase harmoniosamente coas partes interiores, aportando unha diversidade paisaxística digna de admiración. A suavidade das súas múltiples enseadas combinadas con espazos máis elevados conforman unha terra de contrastes sumamente atractiva á vista de todos aqueles que ata aquí se acheguen. A tonalidade verde dos campos, o branco das praias, o gris dos casaríos e o azul verdoso do mar, combínanse para espertar os sentidos do paseante. A presenza destas formacións naturais de gran beleza e paz están provocando que Muros combine o seu carácter mariñeiro cunha funcionalidade eminentemente turística, para o cal a vila tamén se prepara aceleradamente desde o punto de vista das infraestruturas, e así observamos como nos últimos anos, ademais de proliferar os establecementos hostaleiros e extrahoteleiros de todas as categorías, está en auxe a construción de vivendas secundarias que se localizan fundamentalmente na parroquia de Louro, sendo as praias as principais protagonistas deste recente auxe turístico.

A “Vella” fica soa esperando aos desparecidos no mar
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s