Que é Muros Mira ao Mar?

A historia de Muros e a do seu concello está vinculada ao mar dende hai séculos. Así, a nosa herdanza é un inmenso patrimonio marítimo e mariñeiro conformado por centos de anos de vida ao carón do mar. Nas últimas edicións das Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” esta preocupación está a medrar, sobre todo grazas ao esforzo do tecido asociativo e cidadán.

As Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” naceron no ano 2004 como unha aposta innovadora de turismo cultural por parte do Concello de Muros, no que se conxugasen as raíces do patrimonio mariñeiro coa difusión dunha das vilas mariñeiras máis fermosas de Galicia.

As xornadas caracterízanse por contar cun extenso programa onde se dan cabida numerosas actividades coma: exposicións, obradoiros tradicionais, espectáculos das artes escénicas e musicais, degustacións, concentracións e regatas de embarcacións tradicionais, mercado mariñeiro, carpas temáticas…

A décima edición consolidará esta celebración e para isto o Concello de Muros conta co apoio e colaboración de entes públicos como o da Xunta de Galicia, Portos de Galicia ou o Museo do Mar de Galicia, así como de colectivos locais como Xubimar, Confraría de Pescadores de Muros, Asociación Fotográfica de Muros e A.VV. A Ostreira.

Pois logo, o mar e Muros constitúen un binomio inseparable desde os albores da nosa historia. Por iso, son cada vez máis os esforzos colectivos da nosa comunidade por recuperar e divulgar o inxente acervo cultural que legou esta relación íntima. As múltiples manifestacións da nosa cultura marítima e fluvial constitúen un corpus de incalculable valor que sempre ha ser peza clave da identidade galega e da nosa memoria colectiva.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s